O Roteiro da Memoria Histórica amplíase cun novo panel preto da praia Compostela

Bea Costa
Bea Costa VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Bea Costa

Colocarase o 13 de abril para honrar a Agustín Castromán, Luis Ingul, Antonio Meaños, Ramón Abalo e Manuel Rey

02 mar 2019 . Actualizado a las 14:17 h.

O Roteiro da Memoria Democrática de Vilagarcía contará cun novo panel, o terceiro, que se colocará o sábado 13 de abril ao carón da praia Compostela, nun terreo cedido por Adif fronte a antigua estación de tren. O panel lembrará a memoria de cinco homes que foron asasinados o 15 de agosto de 1936 polos fascistas: Agustín Castromán, ferroviario; Luis Ingul, albanel; Antonio Meaños, traballador portuario; Ramón Abalo, topógrafo, e Manuel Rey, corporativo.

A Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica prosegue coa súa labor de lembrar e honrar ás vítimas da represión franquista. «Hai que rehabilitar ás vítimas», subliñou este mediodía Xosé Castro Ratón, nun acto celebrado na sede da Memoria Histórica, en Ravella, que serviu para dar conta da colocación do novo panel e que reuniu a unha ampla representación política do ámbito da esquerda. Desde o Iniciativa agradeceron a colaboración de Adif e de Alfonso Doval por facer posible a continuidade deste roteiro polo municipio arousano e lembraron que e financia con aportacións particulares.

Margarita Teijeiro tomou logo a palabra para relatar como foi aquela noite na que cinco homes perderon a vida polas súas ideas. «Elixiron aquela data exemplarizante para meter medo á xente, e vaia se o conseguiron», indicou.