O concerto de Mikel Erentxun trasládase ao auditorio de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O cambio obedece a que o Salón García habilitouse como local para desenvolver actos electorais

23 feb 2019 . Actualizado a las 21:00 h.

A convocatoria das eleccións xerais para o 28 de abril e o procedemento legal que deben seguir os Concellos en canto á disposición de locais para a celebración dos actos dos partidos durante a campaña electoral obriga a trasladar de escenario o último dos concertos do programa «Achégate ao Salón!» que se celebran no Salón García de Vilagarcía. Dado que esta sala está habilitada como local electoral, o concerto de Mikel Erentxun previsto para o 14 de abril celebrarase finalmente no auditorio municipal.

O cambio non afectará ás persoas que xa teñan adquiridas as súas localidades ou abonos posto que ticketea estableceu un sinxelo procedemento para resignar as entradas á configuración da nova sala respectando a numeración e situación no emprazamento inicial.

A partir do luns, 25 de febreiro, Ticketea remitirá vía mail aos compradores a entrada coa nova numeración e, en caso de non estar conformes, poderán solicitar o cambio ou a devolución do importe. As persoas que xa adquirisen a entrada terán prioridade en caso de querer cambiar a butaca asignada, para o cal habilítase un período exclusivo para que poidan realizar o trámite. O prazo será ata o 14 de marzo. O procedemento xa se lles explica no propio correo electrónico.

Dado o maior aforo do que dispón o auditorio, a partir do 15 de marzo, unha vez concluído o prazo preferente para as persoas que xa tiñan entrada para o Salón García, poranse á venta polo sistema habitual o resto das localidades dispoñibles, é dicir a través da plataforma www.ticketea.com

Mantéñense os prezos establecidos para os concertos do programa «Achégate ao Salón!»: adultos, 9 euros; menores de 16 anos, 3 euros; e desempregados, de balde acreditando a condición de parados. A venta anticipada implica os correspondentes custes de xestións. De non esgotarse antes, tamén se porán á venta o mesmo día do concerto na billeteira do Auditorio a partir das 11.00 horas.