Raquel Meaños pásase do chocolate amargo ao doce

A mediofondista do Valencia Esports valora positivamente a repetición do cuarto posto no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta


Vilagarcía / La Voz

Un ano atrás Raquel Meaños Asensi cruzaba a liña de meta da final da proba de 800 metros do Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta gritando de rabia. Tras deixar atrás a catalá Zoya Naumov a falta de 50 metros, convencida de que o bronce era seu, a vilagarciá do Valencia Esports sorprendeuse horrorizada ao ver a Rosalía Tarraga superala sobre a mesma chegada por tan só 5 centésimas de segundo que a relegaron á cuarta praza. O pasado domingo, en Antequera, Raquel volvía rematar cuarta na gran cita estatal da tempada de pista cuberta. Só que desta volta a medalla sóubolle non ao chocolate amargo do 2018, senón ao doce de quen saborea o que sabe é un resultado inmellorable nesta ocasión.

Logo de bater o sábado na súa semifinal o récord galego Sub-20 en pista cuberta do 800 cun crono de 2.07.74, xubilando o 2.07.97 que ela mesma fixara naquela infausta final do 2018 arriba recordada, Meaños participou na final do 800 feminino máis lenta en catro décadas no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta. Zoya Naumov gañou en 2.18.49, acompañada no podio por Adriana Cagigas, en 2.18.95, e por Natalia Romero, en 2.18.99, coa vilagarciá cuarta en 2.19.97 por diante de Marta Frechilla, en 2.20.39.

«Era muy complicado conseguir medalla. Las chicas que coparon el podio ahora mismo son superiores, y les aguanté hasta el 600. Tenía que intentar repetir el cuarto puesto del año anterior. Y me encontré muy competitiva y rápida», declaraba onte Raquel respecto á final do domingo, na que era a única Sub-20 xunto a Daniela García, un ano máis nova, e última en meta en 2.22.82.

Sobre o seu récord na semifinal, a mediofondista comenta que «lo llevaba buscando toda la temporada. Pero en parte por culpa mía, por no conseguir centrarme en el objetivo de la marca, no había llegado. La clave», engade, «fue cómo me centré en la carrera. Escuché en pista que Adriana Cagigas iba a buscar la mínima para el Europeo. Tenía que pegarme a ella y aguantar lo máximo posible». Fíxoo ata o 600, entrando a 3.46 da gañadora da súa semifinal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Raquel Meaños pásase do chocolate amargo ao doce