Os vilagarciáns realizaron 135.000 viaxes cos abonos do VaiBús! para o transporte público

Ravella avanza que vai seguir apostando por este modelo de mobilidade


Vilagarcía

Os vilagarciáns realizaron 122.079 viaxes nas liñas de transporte facendo uso da tarxeta do VaiBús! e 12.293 utilizaron o servizo ao Hospital do Salnés, chamado VaiBús+!

O abono do VaiBús! entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2016 no marco das políticas de Mobilidade e potenciación do transporte colectivo postas en marchas polo Concello. Por vinte euros ao mes, esta tarxeta permite usar de xeito ilimitado as liñas de autobús urbanas durante ese período. Ravella subvenciona o abono mensual con dez euros. A tarxeta é permanente e o usuario pode portar por recargala cada mes, ou so aqueles meses que o precise. O número de recargas realizadas en 2018 ascendeu a 3.287.

Como complemento a esta iniciativa e para cubrir a grave carencia de transporte público ao hospital, a área de Mobilidade xestionou e subvencionou a creación dunha liña de autobús dende a cidade ata o centro sanitario. Púxose en marcha a finais de maio de 2017 e ofrece sete servizos de ida e volta, entre as 7.45 e as 14 horas e cun billete que custa 1,35 euros (con desconto si se saca o de ida e volta). O Concello subvenciona cinco servizos e o grupo Abalo ofrece outros dous. En 2018, este servizo contou con 12.293 viaxeiros.

«Os resultados do VaiBús! e do VaiBús+! indican que os cidadáns apostan polo transporte público colectivo sempre que cumpra coas súas necesidades de itinerarios e frecuencias e teña un prezo asequible», indica o goberno de Alberto Varela. O executivo continuará apostando por este modelo e apunta a necesidade de que a Xunta teña en consideración esta situación».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os vilagarciáns realizaron 135.000 viaxes cos abonos do VaiBús! para o transporte público