A realidade vista dende o alto dunha estrela Michelín

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Yayo Daporta estivo no instituto Castro Alobre

05 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Yayo Daporta é unha personaxe sobradamente coñecida dentro e fóra do Salnés. O cociñeiro cambadés, galardoado cunha das Estrelas Michelín que brilan no universo gastronómico galego, estivo onte no instituto Castro Alobre (Vilagarcía), onde participou nun acto organizado polo equipo de Normalización Lingüística do centro. Foron os alumnos de cuarto da ESO os que tiveron a sorte de compartir un rato de anécdotas e historias con este cociñeiro de Cambados, que se amosou encantado de compartir con toda esa rapazada a súa traxectoria profesional. Está chea de éxitos, certamente, a carreria de Daporta. Pero todos eles foron conseguidos a base de moito traballo, moitas horas, moita formación e moita experimentación, tamén. Por iso, Yayo Darpota non deixou pasar a ocasión de recordarlle aos rapaces que o mundo da gastronomía e da restauración é moi duro, moi esixente. E nin sequera todos os bos cociñeiros logran o éxito soñado.