O Cambados sitúase na corda frouxa, e o Vilagarcía perde coas súas figuras ante o líder

O equipo de Ñajo Padín, antepenúltimo, ve escaparse a 5 puntos ao seguinte na clasificación, o Vincios. A reaparición de Lauric e de Obeslo no lle basta ao seu veciño e pechacancelas para superar o Arteal


vilagarcía / la voz

O horizonte dos dous equipos arousáns na Superdivisión de tenis de mesa oscureceuse un pouco máis tras a xornada de apertura da segunda volta da Liga. O Cambados T.M. e o Vilagacía T.M. mantiveron a súa tónica previa ao parón navideño, saldando con cadansúa derrotas os seus compromisos ligueiros.

Especialmente preocupante resultou a derrota do conxunto da vila do albariño. E é que os homes de Ñajo Padín recibían o A.D. Vincios. O rival situado inmediatamente por enriba súa na clasificación, chegando na mañá do domingo ao Pavillón Municipal do Pombal con 8 puntos, só 3 máis co seu anfitrión. O cadro de Gondomar saíu do recinto deportivo cun 1-4, dobrando os puntos do seu rival na táboa e poñéndolle costa arriba a permanencia ao hoxe antepenúltimo clasificado, o Cambados T.M.

O duelo comezou ben para os intereses do equipo da vila do albariño. O alemán de orixe chinés Qiu Liang protagonizaba un claro triunfo sobre Martín Pintos por 3-0, cun 11-2/11-5/11-4. Pero acto seguido, o bando local cedeu os puntos en xogo no duelo de José Manuel Ruíz ante Ievgen Pryshchepa (6-11/7-11/10-12), e no de Fernando Padín con Viacheslav Krivosheev (10-12/2-11/1-11).

A partir de aí, os xogadores do Cambados non foron quen de aproveitar as súas dúas últimas balas para, cando menos, forzar un sexto duelo no que buscar o que tería sido o seu sexto empate na Liga. Liang acabou cedendo en tres xogos ante Pryshchepa en 1-11 e dous axustados 11-13. E Fernando Padín non foi quen de superar a Martín Pintos tras gañarlle os dous primeiros xogos, 11-8 e 12-10, perdendo despois 5-11, 5-11 e 11-13 nun desenlace a cara ou cruz.

Pola súa banda, o Vilagarcía T.M. non puido na mañá do domingo co líder, o Arteal, nin contando coa reaparición dos seus dous xogadores franquicia, o belga Jeam Lauric e o checo Michal Obeslo, logo de completar a inhabilitación temporal decretada pola Real Federación Española de Tenis de Mesa por non ter informado o seu club de todos os equipos doutras Ligas nas que están alternando esta tempada. O resultado final, 2-4 no pavillón vilagarcián da rúa Castelao, que mantén o Vilagarcía pechacancelas da Superdivisión con só 3 puntos en doce partidos.

Sergei Nigeruk abríu o choque perdendo 1-3 con Énio Mendes. Lauric e Obeslo déronlle a volta ao marcador superando 3-2 e 3-0 a Humberto Manhani e a Moisés Álvarez, respectivamente. Pero Manhani, Mendes e Álvarez superaron despois sucesivamente 2-3, 1-3 e 2-3 a Nigeruk, Obeslo e Lauric.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Cambados sitúase na corda frouxa, e o Vilagarcía perde coas súas figuras ante o líder