O Atlético Arousana cae con estrépito co pechacancelas

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Novamente, os graves erros defensivos castigaron o equipo de Juan Laxes, que xa perdía 0-3 no minuto 37

14 ene 2019 . Actualizado a las 14:28 h.

Con todo ao seu favor partía na mañá dominical o Atlético Arousana para iniciar con bo pé o 2019, e a segunda volta da Liga. Tras pechar o 2018 co seu segundo triunfo da tempada, unha goleada no estadio da Lomba a costa do C.D. Oceja, o conxunto que dirixe Juan Laxes aspiraba a encadear por primeira vez no curso dúas vitorias. Co pechacancelas, o único conxunto do Grupo 1 da Segunda División incapaz de puntuar en toda a primeira volta, cursando visita ao estadio da Lomba. Pero lonxe de solventar con éxito o seu duelo co Sárdoma, así fora dunha maneira tan axustada como na primeira volta en campo vigués, 2-3, o Atlético Arousana sufríu unha doorosa derrota, con 1-3 no marcador final.

Os erros defensivos das de Juan Laxes volveron penalizar o equipo que máis goles encaixa na Liga, máis de 4 de promedio por partido, co encontro sentenciado no minuto 37 cun 0-3 campando no electrónico.

FICHA:

ATLÉTICO AROUSANA (1): Pipa, Carla Moital, María Arufe, Irene, Bárbara, Laura Rodríguez, Miri, Laura Vila (María Fernández, min 78), Sara, Ana e Marta (Romina, min 84)

SÁRDOMA (3): Sara Alonso, Mayra (Sandra, min 82), Yaiza (Sara Quiroga, min 88), Laura (Irene Santos, min 63), Andrea (Sara Vázquez, min 10), Raquel, Paula, Victoria, María, Xeila e Irene Fernández

Goles: 0-1, min 19: Mayra. 0-2, min 23: Sara Vázquez. 0-3, min 37: Yaiza.1-3, min 59: Miri.

Árbitro: Daniel García (Colexio Galego). Amonestou a María Arufe.