A reunión de Carregal e de Diz, inda sen data

O encontro é fundamental para coñecer o futuro do Arousa Fútbol 7


vilagarcía / la voz

O futuro do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 chega ao 10 de xaneiro inda no aire. O 26 de decembro, na presentación do Torneo Indoor que organiza a mesma asociación, o seu presidente, Manolo Diz, fixaba o día de hoxe como límite para definir o horizonte da edición 2019 do seu campionato de referencia, logo de decidir deixar Vilagarcía polas súas desavinzas co goberno local. Un horizonte que dependía en boa medida da capacidade da organización de convencer o seu patrocinador principal, e presidente de honra, Ramiro Carregal, de que retire o seu veto á marcha de Vilagarcía baixo advertencia de deixar de apoiar o AF7. Manolo Diz explicou que a xuntanza que ambos falaran de manter tras a festividade de Reis segue sen data, en espera de que Carregal se repoña dun proceso gripal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A reunión de Carregal e de Diz, inda sen data