Tatá, padriño da oitava edición do Torneo Internacional Cidade Vilagarcía Benxamín

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Pablo Penedo

Xogador arlequinado nos anos 50 e 60 do século pasado, releva a Manuel Jiménez no papel. O club anunciou a súa intención de camiñar cara a profesionalización do seu campionato base tras a saída da Paco Ozores

03 ene 2019 . Actualizado a las 15:05 h.

Se mencionamos o nome de José Fernández Caneda, seguramente serán poucos os que saiban de quen estamos a falar. Se nos referimos a Tatá, con moita probabilidade serán maioría os socios e demais afeccionados do Arousa os que coñezan a quen nos referimos ao desvelar o presidente do club vilagarcián na mañá de hoxe o nome do padriño da oitava edición do Torneo Internacional Cidade Vilagarcía Benxamín. Un dos futbolistas máis talentosos xurdidos do balompé arousán, que iniciou e culminou a súa curta carreira deportiva ?decidíu colgar as botas ao casar con 32 anos? nas filas do Arousa, lucindo polo medio as camisolas de insignes equipos caso do Ourense, do Racing Ferrol, dun Córdoba co que gozou dun ascenso á Primeira División, ou do Compostela. E iso, desvelaba na presentación do seu pai coma padriño do torneo o seu fillo Nacho, outro dos futbolistas de referencia na historia da entidade arousista, porque a nai de Tatá non estivo no seu momento por deixalo ir ao Celta nin ao Deportivo da Coruña cando o interior esquerdo destro comezaba despuntar, e era frecuente ver xogadores do Arousa saír cara categorías superiores.

O presidente arlequinado, Manolo Abalo, comezou a presentación do padriño do torneo recordando a entidade do seu predecesor o ano pasado, o internacional Manolo Jiménez, e salientando que para a escolla «valoramos o currículo deportivo de cada xogador que pasou por este club». Unha introdución que completou sinalando que «o seu fillo, Nacho, tamén foi un xogador importante do club, e outro que creo que será máis importante inda é o seu neto» Manu, que vén de proclamarse xunto cos seus compañeiros do equipo benxamín do Arousa subcampións do Torneo de Canillas, logo de superar a todo un Atlético de Madrid nas semifinais.

Preguntado polo torneo en si, e por se desde o club se contemplaban cambios no mesmo logo da marcha de Paco Ozores, o presidente do Arousa declarou que «la idea es seguir con el formato ?48 equipos entre as mellores canteiras de España e de Portugal?, y si puede ser, ir mejorándolo. La idea es hacer el mejor torneo del mundo para Vilagarcía. Lo que queremos es que el torneo esté en el club, que lo gestione gente del club, e ir profesionalizándolo». Declaracións que acompañou cun sen comentarios á posta en marcha por parte do impulsor e organizador do Cidade Vilagarcía, Paco Ozores, dun novo torneo internacional benxamín máis un infantil o vindeiro xuño baixo o paraugas do C.D. Ribadumia, no campo da Senra.