A Banda de Vilagarcía fará soar esta tarde a «Marcha Radetzky»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O concerto será no auditorio ás oito da tarde. Entrada, 4 euros

30 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • Auditorio de Vilagarcía • 4 euros • A Banda de Música de Vilagarcía despedirá 2018 co seu concerto de Fin de Ano interpretando obras de Bert Appermont, José Alberto Pina, Johan Strauss e J. Strauss jr. Tamén, seguindo a tradición dos concertos de Nadal en todo o mundo, o espectáculo rematará coa «Marcha Radetzky». As entradas custan 4 euros e poderán adquirirse na propia billeteira do auditorio, de 18.00 a 20.00 horas. Na primeira parte do concerto de Fin de Ano a banda interpretará dúas pezas contemporáneas; «Battle of Hearts. Symphonics Poem» (2018), de Bert Appermont e «The Ghost Ship» (2017), de José Alberto Pina.

Os valses, as polkas e as marchas de Johan Strauss pai e J. Strauss fillo protagonizarán a segunda parte do concerto. A formación dirixida por Jesús Nogueira tocará a «Marcha Persa», «Du und Du», «Im Krapeenwad’l», «O Danubio Azul», «Russischer Marsch», «Moulinet-Polka» e «Tik Tak Polka».