Diz e Carregal quedan de falar despois de Reis

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

CARMELA QUEIJEIRO

O desenlace da crise do AF7 segue prolongándose

29 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Torneo Indoor Arousa Fútbol 7-Memorial Daniel Angustia arrinca hoxe no ribadumiense pavillón deportivo da Senra coa disputa do seu cadro biberón -o prebenxamín xogaráse mañá-. Con 16 equipos en xogo, a xornada abriráse ás 10.30 horas, con parada entre as 13.20 e as 16, e a final programada a partir das 19.20.

O que é o prólogo nos últimos seis anos do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 dispútase pendente inda de que se aclare o futuro da cita central do AF7, que segue no aire logo do anuncio da súa organización da marcha de Vilagarcía tras 22 anos de historia ligada á capital do Salnés. O presidente do torneo, Manolo Diz, acordou onte en Ribeira co presidente de honra e patrocinador principal do AF7, Ramiro Carregal, falar despois de Reis para concretar unha cita na que tentará convencer o empresario de que levante o seu veto á saída de Vilagarcía so pena de deixar de financiar a cita deportiva internacional.