Santa Claus percorrerá as rúas de Vilagarcía o domingo

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A cidade énchese de actividades e Papá Noel pousará cos nenos nun photocall

21 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • Dende as 17.30 horas • Vilagarcía • Santa Claus vén de aceptar a invitación do Concello e de Zona Aberta para visitar Vilagarcía. A súa escala chegará o domingo, e virá acompañado de varios personaxes de animación e os protagonistas dos contos máis populares para facer as delicias dos máis pequenos da casa.

A comitiva formada polos personaxes de Disney serán os primeiros en chegar, cara ás cinco e media da tarde para tomar posicións no centro da cidade e comezar a xogar cos pícaros. Papá Noel desembarcará en Vilagarcía pouco despois, conducindo o seu trineo máxico e facendo soar a súa campá. A partir das sete da tarde ficará na rúa Castelao para recibir os nenos e as nenas que queiran fotografarse con el nun photocall de Nadal. Aló haberá música e xogos para anticipar os días grandes das festas.