O Arousana ve fuxir unha boa ocasión para gañar

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O equipo vilagarcián critica a actuación arbitral, e reclama un penalti non sinalado no feudo do Gijon F.F.

11 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Cunha soa vitoria no casilleiro, na primeira xornada, camiña o Atlético Arousana cara á decimoterceira e derradeira xornada da primeira volta de Liga da Segunda Nacional. O pasado domingo, en terras asturianas, as de Juan Laxes tiveron unha excelente ocasión para sumar o seu segundo triunfo da tempada, e superar a barreira dos 5 puntos na que levan ancoradas desde a sexta xornada. Pero acabaron caendo 2-1 cun rival directo da zona media-baixa da clasificación, o Gijón F.F.

Con ocasións máis ca suficientes para levarse os tres puntos en xogo, o Arousana denunciou a arbitraxe «nefasta» e un penalti non sinalado que podería ter cambiado o desenlace do encontro nun campo enlamado. Tras encaixar nos minutos 38 e 77, Miri subíu o tanto da honra ao casilleiro vilagarcián no 87.

FICHA:

GIJÓN F.F. (2): Eva, Elizabet, Paula (Alba, min 89), Libertad, Raquel, Aida (Ana, min 70), Carla, Lorena (Sara, min 78), Lydia, Aurora e Zara

ATLÉTICO AROUSANA (1): Pipa, Carla Moital, María Arufe, Carla Falcón, Caro (Laura Vila, min 33), Bárbara, Laura Rodríguez, Miri, Sara (Irene, min 72), Ana e Belén (Marta, min 56)

Goles: 1-0, min 38: Carla. 2-0, min 77: Lydia. 2-1, min 87: Miri.

Árbitro: Sara Fernández (Colexio de Asturias). Amonestou as xogadoras visitantes Laura Rodríguez, Belén, Miri, Carla Falcón e o seu adestrador, Juan Laxes.