Trece medallas do Olimpic no Internacional de Moaña

O club vilagarcián participou con 40 deportistas


vilagarcía / la voz

O Olimpic de Vilagarcía competíu a pasada fin de semana no Campionato Internacional de Moaña con 40 deportistas, e cunha ducia de medallas.

As precadetes Ekaterina Rebo Federova, en peso lixeiro, e Carla Diz Dafonte, en medio, proclamáronse campioas, cos seus compañeiros Héctor Freire Blanco, en peso mosca, e Damián Guimil Loureiro e Airton Iglesias López, en pluma, bronce. Ademais, o equipo conxunto precadete do Olimpic Vilagarcía e o Olimpic Caldas dirixidos por Raúl Bouzas e por Lúa Piñeiro foi terceiro.

Na categoría infantil Inés Pérez Suárez foi campioa en peso minimosquito, e subcampioas as súas compañeiras Dafne Piñeiro Ballesteros e Xiana Bugallo del Río en galo e pluma.

Na modalide de técnica, a infantil Aaroa Gutiérrez Vidal foi prata e a xuvenil Mar Fernández Canosa bronce, medalla que repetíu en freestyle cadete. O equipo infantil de exhibición do Olimpic rematou subcampión.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Trece medallas do Olimpic no Internacional de Moaña