Un escaparate para os viños de autor

VILAGARCÍA DE AROUSA

A praza acolle o domingo un certame que inclúe probas de cata e a entrega dos premios Mágnum

23 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A praza de abastos de Vilagarcía é o lugar elixido para a celebración de Castes, unha feira do viño que, por segundo ano, ven romper os moldes deste tipo de eventos. Este certame está centrado no viño de autor, e prantéxase como un punto de encontro directo entre os amantes dos bos caldos. Durante un día, viticulores, adegueiros, profesionais e particulares terán a oportunidade de coñecer e compartir proxectos e experiencias. E de probar os viños que o máis de medio cento de adegas participantes -chegadas mesmo de Portugal e Francia- achegarán a Vilagarcía para a ocasión.

O formato da feira, que abrirá as súas portas o domingo ás catro da tarde, segue o modelo túnel do viño, e permite un «trato próximo».

Pola mañá, no mesmo sitio, celebrarase o primeiro Campionato de España de Cata por Equipos para profesionais, no que participarán 24 grupos aspirantes. Os gañadores representarán a España no campionato do mundo.

Pero hai máis sorpresas no programa, porque ás 13.30 horas entregaranse os premios Mágnum do Viño Galego, que se conceden con carácter anual.