Fernando Salgado rescata a figura de Pancho Varela

s. gonzálezjorge lamas

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

09 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Salón García • Vilagarcía • Este é o seu quinto libro en ver a luz, pero o cuarto en ser escrito. Con toda seguridade, tamén o máis emotivo da biblioteca que o xornalista Fernando Salgado vai creando de vagar en torno ao mundo máis próximo e contemporáneo. Desta volta tócalle a un dos seus propios avós, Pancho Varela, asasinado pola hoste franquista en xullo de 1937. O seu delito, defender a lexitimidade democrática e republicana en Cerdedo, a súa vila de orixe, onde foi quen de virar o destino de herdeiro de cacique marcado pola súa familia para traballar a prol da xustiza social e o progreso do seu pobo. O título do libro é abondo ilustrativo: «1.306/36», o número da causa a partir do que Fernando é quen de recrear a vida do home a que estes díxitos levaron á morte. Na presentación deste serán, que se desenvolverá no Salón García da capital arousá, o autor estará acompañado por Montse García e Beni Yáñez, tamén xornalistas.