Un trío de música clásica no cemiterio de Rubiáns

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A experiencia, que xa funciona en cemiterios de grandes cidades, poráse en práctica este ano a modo de proba durante o Día de Defuntos

30 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A música estará presente durante o Día de Defuntos no cemiterio Municipal de Rubiáns. Por iniciativa do Concello de Vilagarcía, un trío de música clásica porá o fío musical axeitado á xornada co obxectivo de facer máis agradables as numerosas visitas que se suceden ao longo de todo o día ao principal camposanto da cidade por parte das persoas que, seguindo a tradición, acoden a render homenaxe aos seus mortos. A experiencia, que xa funciona en cemiterios de grandes cidades, poráse en práctica este ano a modo de proba no cemiterio municipal de Rubiáns. Desta volta, o grupo encargado de pór a música será o trío Aria, formado por frauta, violín e violonchelo. Actuarán de 11.30 a 13.30, con outro pase pola tarde.