«El sueño de cualquier presidente»

Os valores e o bum da base son o motivo de orgullo dos mandatarios dos Ingleses


vilagarcía / la voz

Poderían referirse aos moitos éxitos deportivos que recollen os anais do club. Resultaríalles doado recordar as tres tempadas de gloria. A 1996/97, co primeiro título de Liga de Primeira Autonómica e fase de ascenso con Cachopo Campos no banquiño; emulado por un equipo xuvenil con dobrete na Copa e asinando a súa única participación no Campionato de España, e o inglés Alberto Campos xogando o Mundial Sub-18. A 2008/09, co título de Primeira Nacional e a primeira fase a División de Honra B dirixido o equipo por Raúl Varela. E a 2013/14, cos Ingleses campión da Primeira Galega, xa desaparecida a 1ª. Nacional, gañando con David Losada todos os partidos e en todos sumando o bonus ofensivo, para disputar con El Salvador B a segunda promoción a D.H.B. -a terceira xogouna a pasada primavera-. Poderían tirar da gloria, dicimos, pero aos presidentes na historia do club vilagarcián -todos agás Eugenio Prieto, ao que se lle perdeu a pista hai anos no club tras mudarse a Andalucía- o que se lles vén á mente cando lles preguntamos polos Ingleses son palabras ou emocións como familia, valores, diversión, marabilla, futuro...

«Los primeros años fueron muy bonitos. ¡Lo recuerdo con tanto cariño! ¡Yo me lo pasé tan bien...! Tan bien lo pasábamos, que cuando ahora voy a ver cualquier partido, me da tal envidia...» conta Pablo García, que coma primeiro presidente se define como «el chico para todo, pero como todos» cos que forxou «relaciones que siguen para toda la vida». Salienta todo o cambio radical vivido no club que naceu das súas ganas de xogar ao rugby: «Ahora es un club serio, con todas sus categorías».

Martín Vázquez foi o cuarto presidente dos Ingleses, tres anos (1997/98 a 1999/2000). «Empecei cando todos os do comezo, con Fito, con Pablo O Oso... Eu», continúa, «comecei xogando ao fútbol no Arousa, e síntome orgulloso de ter coñecido o rugby. É un deporte que me deu moito. Aprendeume moitos valores, descubriume os mellores compañeiros que se poidan atopar, e é un dos deportes máis integradores que hai». Por iso, 18 anos despois de deixar a presidencia, Vázquez afirma que «do máis orgulloso do que estou é de pasear por Vilagarcía, e ver o froito do traballo que están facendo os meus compañeiros no club, ver a uns rapaces co chándal dos Ingleses pasarse un balón de rugby pola rúa».

Juanmi Doval, Chamy, e Pablo Luis López, Boli, son dous dos integrantes do primeiro cadro xuvenil co que contou o club, xa na tempada 1991/92. Chamy foi presidente nos exercicios 2000/01 e 2001/02. Chegou ao cargo sabendo ben o que é ser un cabaleiro da rode dos Ingleses. Na súa cabeza, gravado a lume, o recordo do seu primeiro partido co cadro sénior: «Iamos convocados tres xuvenís. Xogamos o partido dos séniores en Lugo, e logo collemos o coche e mailo tren para chegar ao apeadeiro anterior á estación de Pontevedra, para ir correndo a xogar cos xuvenís ante o Mareantes. Eu disputei os dous partidos». Vencellado a tarefas técnicas no club desde practicamente sempre, estratega dos tres títulos de Liga consecutivos dos xuvenís dos Ingleses entre o 2008/09 e 2010/11, Chamy é o único veterano daqueles primeiros anos que segue a xogar no primeiro equipo do que para el é «a familia que se elixe».

A presidencia foi para Boli «dura, en una época de transición (2002/03 e 03/04) en la que los veteranos se estaban retirando y había pocos niños, pero bonita. Cogí el equipo en 1.ª Nacional sin dinero, y nos mantuvimos. Para mí fueron ‘Aquellos maravillosos años’, y ver hoy a niños de 5-6 años practicando rugbi en el club, es el sueño de cualquier presidente».

O home que duplicou a canteira entregándolles o relevo aos pais, e o mando a unha muller

A José Ramón Santórum, Ju, tocoulle o difícil papel de xestionar o primeiro relevo na presidencia, que ocupou nas tempadas 1993/94 e 1994/95 alternando como xogador. «Yo era en aquel momento el capitán del equipo, y para los que no sabemos decir que no, es un problema», explica. Nos Ingleses desde a súa segunda tempada, Ju lembra que «fueron unos primeros tiempos complicados. Nos costó abrirnos a la gente, porque a lo mejor se pensaban que éramos un grupo muy cerrado». El, que non se desvencellou nunca do club, cun papel importante tanto na directiva coma dirixindo equipos de todas as categorías, salienta que esa percepción social do club, e do rugby como deporte violento, mudou na capital arousá. E iso, desde que a anterior directiva, como todas as súas predecesoras formada por ex-xogadores, optou por «darle un cambio importante al club, dando entrada a los padres». O resultado, o paso nuns seis anos duns 35-40 xogadores na base, a uns 85-90. «El boca a boca funciona, y ahora se ven los valores que inculcamos a los niños», sinala.

Fito Brea foi un dos xogadores co que Os Ingleses xogou o seu primeiro partido oficial, na Copa Xunta 1988/89. Quen viña de porteiro xuvenil do Arousa, e que xa probara outros deportes como o balonmán ou voleibol, quedou «enganchado al rugbi por el impresionante ambiente que se creó». E confesa: «No me imaginaba que el club fuese a llegar a lo que es», por moito que os pioneiros estivesen «muy implicados». Tras consolidar a política de traballo coa canteira nos seus doce anos na presidencia (2004/05 a 2015/16), Brea, que anima a patrocinar o club para poder dar o salto á D.H.B. pola calidade do cadro sénior, dáballe no 2016 o relevo na presidencia a Isabel Fernández.

A primeira muller e persoa non ex-xogadora no cargo salientaba onte que «por primeira vez temos equipos en todas as categorías de Sub-12 para abaixo, a mágoa é non ter conseguido sacar o Sub-18. Vexo o club nun momento moi doce. Véxolle moita saúde».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«El sueño de cualquier presidente»