A orde de cabalaría dos Ingleses celebra tres décadas arredor do oval

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

O soño de verán dun universitario publicitado en prensa sementou o que hoxe é un dos clubs máis reputados do rugby galego, ao que axudou a medrar

25 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Un soño efémero. Quizais máis ben un impulso sen freo movido polo ímpeto dun mozo acabado de entrar nos 20 cunha idea fixa, e sen grandes pretensións. Esa é a orixe do que este mes celebra os seus primeiros 30 anos de historia convertido nun dos clubs e das canteiras máis reputadas do rugby galego. Os Ingleses, proxecto nacido nun piso de estudantes que, sen buscalo, puxeron en marcha unha iniciativa que leva axudando a modelar a forma de ver a vida dunha parte das xeracións de vilagarciáns que desde aquel verán de 1988 foron pasando, sen marchar nunca, polo equipo.

«Cuando empecé a mover la idea lo hice pensando solo en tener con quién jugar. No lo hice siquiera pensando en un equipo para jugar en una Liga. Después empezamos a jugar en una Liga, más tarde a entrenar a chavales...» E medio século despois do seu adeus ao club, tras presidilo nos seus cinco primeiros anos, Pablo García Jiménez, Oso no mundo do rugby, contempla feliz un club que hoxe conta cuns 110 xogadores en activo, deles case 90 rapaces e rapazas de 5 a 18 anos; cun primeiro cadro que pode presumir, entre outros fitos, de seis títulos autonómicos, doutro máis na xa desaparecida Primeira División Nacional, no seu momento categoría de bronce do rugby español, e de tres fases de ascenso á División de Honra B.

«Había visto algún partido de rugbi y me gustaba, y cuando fui a estudiar a Santiago me apunté en el Universitario -un dos contados equipos do deporte do oval entón en Galicia-. En 1988», lembraba onte Pablo García, «me había venido de vuelta a Vilagarcía, a sacarme unas asignaturas por la UNED. Vivía con Gonzalo Granja y Fernando Guillán. Las tardes aquí se hacían muy largas; ellos no habían practicado rugbi, pero los convencí para intentar reunir un grupo de gente para jugar». E tal foi o seu empeño, que ata «fuimos a la prensa y la radio local a ver si colaboraban con nosotros publicando que buscábamos gente para jugar al rugbi».

Dito e feito. Un par de reunións despois no antigo Club Juvenil de Doutor Fleming, e arredor de trinta rapaces, dos 17 aos 30 anos, comezaron frecuentar o campo de terra da pista de atletismo do daquela Instituto Calvo Sotelo -o hoxe Castro Alobre-.

Como a revolución que foi a súa irrupción en Vilagarcía, todo se acelerou. En outubro dese mesmo ano, 1988, presentábanse na Xunta os estatutos de Los Ingleses -o nome galeguizouse anos despois-, e esa mesma tempada o equipo debutaba en competición oficial, na Copa. Desde entón, a criatura non deixou de medrar. Con varios potentes estiróns, e algún ano de racionamento polo medio. Superando as dificultades de facelo entre un pobo sen coñecementos do rugby, lastrado ademais polo falso tópico de deporte agresivo.

Hoxe Os Ingleses é unha das entidades máis respectadas e aplaudidas no rugby galego, que axudou a facer medrar no momento da aparición do groso dos actuais clubs galaicos. E tamén pola sociedade vilagarciá, en parte pola súa implicación máis aló do deporte con calquera asociación que requira a súa axuda.

Escoitando o groso dos presidentes da súa historia obtense o segredo da fórmula. Unha orde de xentes que conseguiron formar unha familia entre iguais, co seu promotor, o Oso, como primeiro exemplo: «Me da rabia cuando me dicen que yo soy el fundador. El rugbi es un deporte de grupo, y no se puede hacer nada si no es con un y entre un gran grupo De lo que más orgulloso me siento es de las relaciones que se forjaron hace 30 años para toda la vida».

Vestiario ao aire e negro agradecido aos «seus» All Blalcks

«Empezamos con dos balones, y nada más», recorda Pablo García. Ben, con iso, e coa «pasión» que fai que o lembre cun sorriso uns inicios nos que «no tenías campo, y entrenabas a oscuras. Jugabas en gravilla. Y cuando llegabas a casa, nos ponían un cubo en la puerta y nos teníamos que cambiar fuera para que te dejasen entrar, porque llegábamos de barro hasta la cabeza». E iso, di, «no era ni malo, ni bueno. Generaba grupo» entre xente nova, moitos descoñecidos antes de reunirse arredor dun oval.

Fito Brea foi un dos primeiros recrutados para Os Ingleses: «Yo mido 1,90. Una noche tomando copas uno de los pioneros del equipo, Alfonso Ferrazo, descanse en paz, me dijo ‘‘¡Oye, Fito, ¿por qué no vienes a probar?’’», e hoxe pode contar que xogou, e ben, moitos anos, para ser despois o presidente máis lonxevo no cargo dos Ingleses, doce cursos.

Da memoria de Brea extraemos o cruzamento da providencia no camiño dos pioneiros do club, que ao pouco de arrincar atoparon na Baldosa a dous predicadores evanxelistas neocelandeses que vivían en Marín, Carl Daniels e o maorí Lorenzo Jensen, repartindo folletos, e cun balón oval. «Se les dijo que entrenasen con nosotros, que no teníamos ni idea». Fixérono, imprimíndolle un enorme salto de calidade ao equipo, ao que se incorporaron. De aí que, cando anos despois Daniels e Jensen volveron ao seu país, Os Ingleses os homenaxearan incorporando á súa equipación o negro dos All Blacks ao azul de Escocia que escolleran nos seus comezos por votación.