Contacontos e obradoiro de marcapáxinas na biblioteca de Vilagarcía

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Hoxe, en sesións de mañá e tarde, co gallo do Día da Biblioteca

24 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A capital arousá súmase á conmemoración do Día da Biblioteca con dúas actividades destinadas aos seus usuarios máis pequenos. Á mañá, unha contacontos dirixirase aos alumnos de 6ª. de Primaria do colexio San Francisco. Marisa Irimia relatará os segredos máxicos da biblioteca de Darayya, en Damasco. Á tarde desenvolverase un obradoiro de confección de marcapáxinas e adornos coa finalidade de decorar as instalacións da biblioteca Rosalía de Castro cara á inminente celebración do Samaín e os Defuntos.