Luar na Lubre, en directo hoxe en Vilagarcía

A partir das 20.30 horas, no Auditorio de Vilagarcía desde 12 euros


Esta tarde • 20.30 horas • A partir de 12 euros • Auditorio de Vilagarcía • A lendaria banda coruñesa que lidera o gaiteiro Bieito Romero presenta esta noite o seu último traballo no auditorio de Vilagarcía. «Ribeira Sacra» é un disco conceptual que recolle non só a música inspirada por este enclave de Galicia de particular fermosura e fonda historia, senón tamén os sons da terra, dos bosques, do propio amencer e das súas xentes. Unha ocasión excepcional para gozar de novo dun dos grupos de referencia da música celta feita na fin do mundo, con proxección en todo o planeta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Luar na Lubre, en directo hoxe en Vilagarcía