Carlos Blanco e Touriñán, hoxe por partida dobre

r.e.

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Os cómicos levan colleitaido un rotundo éxito coa súa obra "Somos Criminais"

06 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Blanco e Touriñán encheron onte o auditorio de Vilagarcía de humor e gargalladas. Hoxe volverán facelo, e por dúas veces. A primeira, ás seis da tarde. A segunda, ás oito. Deste xeito, «Somos Criminais», o espectáculo que comparten, asinará unha tripla pasada por Vilagarcía. E máis veces que poderían vir por aquí estes dous artistas a confesarse diante do respectable, porque está claro que o que teñen que dicir interesa. Para a función de onte, esgotáronse as entradas. Para a de hoxe, ás oito da tarde, tampouco quedaban tiques hai días. E mesmo facerse con un para a función das seis resultaba, onte pola tarde, complicado: as butacas que quedaban dispoñibles estaban no máis alto do auditorio, e eran só un feixe delas.