«A cabeza do dragón», cita con Valle Inclán en Vilagarcía

r.e.

VILAGARCÍA DE AROUSA

Jorge Parri

A función será hoxe, ás 21 horas, no auditorio

29 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21 horas • Auditorio de Vilagarcía • 5 euros máis gastos, ou gratuita para desempregados, estudantes e maiores de 65 anos • O outono cultural xa está aquí. Vilagarcía bautiza hoxe a nova estación coa representación teatral A cabeza do dragón, unha produción de Excéntricas que leva recorrido xa numerosos escenarios de Galicia -máis de corenta-, colleitando en cada unha desas experiencias os aplausos do público. Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto (que xoga na casa) e Patricia Vázquez son os actores e actrices que darán vida a esta historia escrita por Valle Inclán. A Cabeza do Dragón gañou sete premios de teatro María Casares. Entre eles, o premio á mellor adaptación; ao mellor actor protagonista e ao mellor vestiario. Con esta obra ábrese o programa de teatro co que o Concello de Vilagarcía, da man do Agadic, queren encher de cultura e de galego os vindeiros meses.