Bouzas xogará coa alemá Schech por un posto na final da Marbella Bowl

A vilagarciá superou onte a holandesa Sanne Schalekamp 7-5 e 6-1


vilagarcía / la voz

A vilagarciá Jéssica Bouzas Maneiro pelexará mañá por un posto na final da Marbella Bowl Sub-18 tras superar onte nos cuartos de final a xogadora holandesa Sanne Schalekamp 7-5 e 6-1. A alumna da Academia Tenis Ferrer mediráse á alemá Ruxandra Schech, número 440 do ránking mundial ITF Tennis Junior e cabeza de serie número 3 do torneo marbellí, de grao 5. Schech derrotou onte a sueca Tilde Stromquist tras perder o primeiro set, 2-6, e sumar os dous seguintes cun dobre 6-4.

A gañadora do cruce enfrontaráse na final a vencedora da eliminatoria entre as españolas Marta Falceto e Alba Rey.

Coa súa clasificación para as semifinais Jéssica Bouzas asegurouse 9 puntos novos no ITF Tennis Junior, que pode converter en 18 se accede á final, e en 30 se ademais gaña o seu primeiro torneo en catro meses e medio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Bouzas xogará coa alemá Schech por un posto na final da Marbella Bowl