Luar na Lubre trae a Vilagarcía os sons da «Ribeira Sacra»

O concerto será o próximo 11 de outubro


11 de outubro • Auditorio de Vilagarcía • O grupo galego Luar na Lubre visitará o vindeiro mes Vilagarcía para presentar o seu último traballo, «Ribeira Sacra». A banda liderada por Bieito Romeu celebrará co público vilagarcián os seus 30 anos de traxectoria musical, cun concerto no Auditorio Municipal. As entradas para o mesmo xa se poden adquirir a través da web www.ticketea.com a 12, 15 e 18 euros, ou o día da actuación na billeteira do Auditorio.

Luar na Lubre gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense). «Ribeira Sacra» ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías «que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra», en palabras de Bieito Romero.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Luar na Lubre trae a Vilagarcía os sons da «Ribeira Sacra»