O BNG elixe a Lucía César Veloso cabeza de lista para a alcaldía de Vilagarcía

O acordo foi adoptado por unanimidade nunha asamblea celebrada onte

.

A asamblea local do BNG de Vilagarcía de Arousa acordou a noite do venres proclamar a Lucía César Veloso como cabeza de lista do BNG ás vindeiras eleccións municipais.

Nacida en Vilagarcía de Arousa en 1984, é titulada en Maxisterio Musical e Pedagoxía, impartindo formación (nomeadamente musical) en varias asociacións culturais. Forma parte e colabora con diversos grupos no ámbito da música e cultura tradicionais, como a Asoc. Cultural Malveiras e o Gato Negro de Carril.

Concelleira xa na actualidade, na asemblea destacáronse os seus méritos, capacidades e dedicación no presente período municipal, coincidindo na idoneidade do seu perfil para liderar a candidatura.

A nacionalista agradeceu o apoio unánime dos presentes na asemblea, e afirmou coller con ilusión esta nova tarefa para traballar en equipo polo ben da veciñanza de Vilagarcía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O BNG elixe a Lucía César Veloso cabeza de lista para a alcaldía de Vilagarcía