Gadis busca bailadores para la Global Muiñeira

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

A exposición «Vivamos como Galegos!» de supermercados Gadis chega a Vilagarcía

17 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12-14 e 17-21 horas • Avenida da Mariña (Vilagarcía) • A exposición «Vivamos como Galegos!» de supermercados Gadis chega a Vilagarcía. Nesta ocasión búscanse «bailadores as teimudos/as dispostos a marcarse unha Global Muiñeira diante da cámara», segundo explica a organización. Nun fotocol convidarase a todos os visitantes a que bailen a GlobalMuiñeira. Ademais, os máis cativos poderán gozar cos inchables que se suman a esta oferta lúdica. No tráiler de Vivamos como Galegos! pódese visitar unha exposición retrospectiva con imaxes e elementos das campañas de anos anteriores. Tamén se poderán visionar, na área audiovisual, os diferentes anuncios destes once anos de campaña. Haberá agasallos para quen se anime a bailar. A Global Muiñeira é a campaña na que dous irmáns ‘teimudos’ se empeñan en que todo o planeta baile a muiñeira.