O Trofeo San Roque de Snipe reunirá a preto de 40 unidades

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

08 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

18 e 19 de agosto • Vilagarcía • Baixo a organización do Real Club de Regatas Galicia, o Trofeo San Roque da Clase Snipe reunirá a arredor de tres ducias de unidades, que os días 18 e 19 competirán nas augas de Vilagarcía por un título que este ano adquire un valor especial, ao chegarse ás 50 edicións.

Unha cifra esta subliñada onte durante a presentación da cita deportiva tanto polo presidente do R.C.R. Galicia, Manuel García, como polo alcalde da capital arousá, Alberto Varela, que aproveitaron a presenza de Ramiro Carregal, gran valedor da regata, para agradecerlle o seu apoio á vela en Vilagarcía. De feito, ademais do 50º. Trofeo San Roque, a cita do 18 e do 19, con catro mangas programadas, porá en xogo tamén o VI Gran Premio Ramiro Carregal, sendo clasificatoria para o Campionato Galego.