«Os nosos sorrisos levan unha mensaxe de compromiso e tamén de esperanza»

daniela de amorín / A.G.

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

Entrevista con Fran Rei, artista clown organizador do apartado social do Festiclown e fundador de Pallasos en Rebeldía

08 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Fran Rei é un pallaso comprometido. Leva 17 anos no mundo clown levando sorrisos a territorios conflitivos. Este venres chegará a Vilagarcía cunha función dobre, ás 13 e ás 20 horas, do seu espectáculo «saaabores!» e tamén actuará na residencia Divina Pastora no apartado social que programa o Festiclown.

­-¿Como empezaches no mundo do clown?

-Pois o meu inicio está moi ligado ao do propio festiclown. Fixeron un curso de iniciación con grupos de dez ou quince persoas e logo xa non me puideron sacar. Ía para ser veterinario pero, así como suceden as revelación relixiosas, eu sentín a chamada do espírito do clown e alí estou.

­-¿Como xurdiu a idea de fundar Pallasos en Rebeldía?

-Pois no ano 2003, en México, eramos varios os que pensabamos que o humor e o teatro galego podían ter perfectamente unha organización de este tipo que levase o sorriso aos territorios en conflito.

­-Pero, ademais de levar sorrisos, amosades un forte compromiso político.

-Si, moitas das entidades que colaboran con estes colectivos en conflito se amosan equidistantes no que se refire á política e nos, xuntamente, cremos en tomar posición no social, no político e tamén no económico.

­-¿Non entendedes a vosa acción sen ese compromiso?

-Non, Non. Porque as nosas risas son comprometidas. Ademais de diversión, levan unha mensaxe á xente que está sufrindo todas esas situacións conflitivas. Intentamos transmitirlles esperanza. Dicirlles que hai parte da comunidade internacional que está do seu lado. Neste caso somos pallasos, pero unha gran parte de Europa non é allea a estes conflitos e nos tomamos posicións con eles.

­-¿Reivindicades que a axuda humanitaria non é só levar bens de primeira necesidade como auga ou comida?

-Esta pregunta pode ter dúas respostas. Nos cremos que é fundamental para esta xente o soporte psicolóxico e a diversión. Na Declaración Universal de Dereitos Humanos está recollido o dereito ao xogo e a risa e nós é o que proporcionamos porque tamén é o que sabemos facer. Mellor ou peor, pero é o que podemos brindar a esta xente que leva sufrindo moito tempo, como é o caso dos palestinos.

­-Dentro destas grandes acción internacionais, tedes pequenas acción para non deixar a ningún colectivo sen sorrisos.

-Si. Como faremos aquí cos anciáns, os discapacitados ou os enfermos e é un traballo marabilloso..