O Museo do Tren de Vilagarcía incorporará tres novas pezas en setembro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O Concello terá estas pezas en depósito sen ningún custe, agás os gastos de traslado dende o museo da fundación Camilo José Cela,

04 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os fondos expositivos do Museo do Ferrocarril de Vilagarcía gañarán o mes que vén tres novas pezas, cedidas en depósito pola Fundación de Ferrocarrís Españois. Trátase dunha marquesiña de fundición de 1901, unha grúa hidráulica de 1945 e un reloxo de andén de 1980. Os elementos amplían os contidos deste espazo, emprazado na antiga estación de Carril. O obxectivo do goberno local é potenciar o centro museístico como recurso turístico e cultural, para o cal vén de tender unha liña de colaboración coa fundación, que dá o seu primeiro froito.

Vilagarcía terá estas pezas en depósito sen ningún custe, agás os gastos de traslado dende o museo da fundación Camilo José Cela, onde se atopan, e o compromiso de mantelas e conservalas axeitadamente. O elemento máis antigo é a marquesiña, que funcionou en Torrelodones ata 1925 e ten catro columnas de ferro fundido. A grúa abastecía de auga as locomotoras de vapor. O reloxo, modelo Cuña, lembra os reloxos das estacións do século XIX.