Boas sensacións do Arousa no seu primeiro test, e goleada do Ribadumia ao Juventud 3-0

Os de Rafa Sáez empataron sen goles co Compostela e caeron 3-0 ante o Coruxo no triangular de Praíña, co técnico arlequinado empregando un 4-1-4-1

.

vilagarcía / la voz

O Arousa completou na tarde de onte o seu primeiro test de pretempada. Fíxoo no triangular de Praíña, Teo, medíndose en primeiro termo a un dos seus vindeiros rivais directos polas prazas de promoción de ascenso á Segunda División B, o Compostela, para acto seguido probar o seu estado tras a primeira semana de traballo contra o Coruxo, equipo da categoría de bronce do balompé español.

Sen Pablo González, Jorge nin Acuña, que non puideron desprazarse, Rafa Sáez aliñou no 0-0 co Compos a Aarón; Pacheco, Cristóbal, Iago e Suso; Nacho (Sidibé); Javi Otero, Julio Rey (Luis García), Manu Rodríguez e Javi Nogueira; e Sylla.

Ante o Coruxo o técnico pontevedrés puxo de cara a Manu Táboas; Torrado, Trapero, Nacho e Batallón; Sidibé (Manu Rodríguez); Luis García, Julio Rey, Guille e Chiqui; e Sayar. O Arousa encaixou tres goles rápidos que sentenciaron o choque.

Ao termo do triangular Rafa Sáez, que empregou en ambos duelos de 45 minutos un 4-1-4-1, declarou que rematou con «moi boas sensacións», despois de ver «moi boas ocasións» ante un rival potente da súa Liga como o Compos.

3-0 na Senra

Ribadumia e Juventud Cambados dirimiron a última hora da tarde de onte o Trofeo Pomarco sobre o céspede da Senra, con vitoria para o equipo anfitrión por 3-0.

Sen estar moi fino, espeso no seu fútbol, cunha circulación lenta e imprecisa do balón, o Ribadumia de Luis Carro chegou ao descanso co encontro enfiado grazas aos tantos de Pablo Mota, nunha xogada individual finalizada cun disparo desde fóra da área, e de Aarón Paredes, que soubo aproveitar un pase atrás de Teti, e emendar o penalti que fallara con 0-0 inda no marcador.

Na intermedio Luis Carro optou por cambiar todo o seu once, mentres o seu colega de banquiños Edu Charlín prefería ir facendo trocos pouco a pouco. O Ribadumia xogou mellor, e Hugo Soto, de tacón a pase de Santi, pechou a conta no 70.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Boas sensacións do Arousa no seu primeiro test, e goleada do Ribadumia ao Juventud 3-0