Carlos Pacheco ocupará o lateral dereito do Arousa de Rafa Sáez

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Pablo Penedo

Procedente do Somozas, volverá coincidir coa maioría dos seus novos compañeiros de zaga, sinalou na súa presentación

13 jul 2018 . Actualizado a las 13:41 h.

O presidente do Arousa, Manolo Abalo, presentaba onte ao mediodía a Carlos Riveiro Pacheco (A Lama, 9/VI/1991) como o lateral dereito que vén pechar a liña defensiva coa que Rafa Sáez quixo dotar o seu primeiro proxecto á fronte do banquiño arlequinado.

Vello coñecido do fútbol arousán polas súas catro tempadas no C.D. Ribadumia, equipo que axudou ao seu histórico ascenso desde a Preferente para vestir a súa camiseta outras tres tempadas xa en Terceira, Pacheco consolidouse coma un dos laterais dereitos máis cobizados do grupo galego da Terceira, como demostra a súa fichaxe un ano atrás por un Somozas con intención de volver pola vía rápida á Segunda División B.

Con experiencia previa no Pontevedra (tempada 2012/13) e no Negreira (2013/14), o novo futbolista do equipo vilagarcián declaraba onte que «cuando te llama un equipo como el Arousa, poco tienes que pensar, por su afición, por su historia...». Manolo Abalo desvelou que «xa o tentaramos fichar nalgunha ocasión anterior, e sei que el tamén tiña ganas de estar connosco», como demostra o feito de que, louvou o presidente arlequinado, «Carlos tivo unha oferta moi importante, e soubo dicir que non cando xa se comprometera connoso. É unha persoa de palabra».

Pacheco manifestou na súa presentación que «quiero devolver la confianza que han depositado en mí Manolo y Rafa» como parte de «un proyecto ambicioso» en «una Tercera que va a ser muy competida». Faráo con traballo adiantado, por canto «ya había coincidido con Cristóbal y Pablo en el Pontevedra, y con Yago en el Ribadumia», tres dos cinco zagueiros anunciados anteriormente polo Arousa. Xuntos, aventura, «somos una defensa que podemos jugar el balón, y a la vez ser aguerrida y fuerte».