Fantasio, películas baixo as estrelas para toda a familia

sara meijide / s. g.

VILAGARCÍA DE AROUSA

VITOR MEJUTO

O Concello de Vilagarcía inicia unha xira que levará cine ás rúas e aos barrios da vila ao longo do verán

12 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 14 de xullo ao 30 de setembro • De baldeAta o mes de setembro haberá proxeccións de longametraxes infantís coma Trolls ou Locos por el surf 2. A idea é descentralizar as actividades culturais e avogar pola conciliación familiar. Fantasio, cine na rúa estará no centro da cidade e tamén percorrerá os diferentes barrios. As proxeccións comezarán en Bamio, pasarán por Cornazo, Trabanca ou Carril e rematarán en A Torre.

Malia que a idea é gozar das películas baixo ao aire libre, en caso de chuvia hai alternativas. En Vilagarcía trasladaríase dende o parque de Ravella á praza da Peixería, e no resto, aos centros socioculturais de cada zona. A actividade é de entrada libre.