Un cuarto de segundo separou a Raquel Meaños das semifinais do Mundial Sub-20
VILAGARCÍA DE AROUSA
A falta de experiencia xogoulle unha mala pasada á vilagarciá, que con todo fala de «la carrera que más he disfrutado en mi vida»
11 jul 2018 . Actualizado a las 14:19 h.Raquel Meaños Asensi non correrá hoxe as semifinais das que sairán as oito aspirantes a coroarse mañá campioas do mundo Sub-20 dos 800 metros. Pero ben puido telo feito. Un cuarto de segundo, 25 centésimas, separaron a vilagarciá do, como mínimo, notable na súa estrea nunha gran cita internacional. No Ratina Stadium de Tampere, Finlandia, a atleta do Valencia Esports completou a segunda das cinco series eliminatorias quinta en 2.10.13, rozando a remontada na recta final, para ver como a xamaicana Chrissani May remataba finalmente cuarta a salvo da súa captura en 2.09.88. O que vén sendo un suspiro marcou a diferenza entre parecer unha digna semifinalista, e acabar séndoo, sen sorte tampouco Raquel na lotaría das prazas por tempos máis aló das catro primeiras clasificadas de cada serie. Con tres dos catro mellores concentrados na última chegada das eliminatorias do 800, vendo a irlandesa Jo Keane sacar o último billete sétima da súa carreira en 2.09.59; 54 centésimas de segundo menos ca galega. Ter corrido na segunda serie máis lenta prexudicou a Meaños, máis rápida cá gañadora da cuarta eliminatoria, a estadounidense Collier, con 2.11.30.
Desde Tampere, a arousá relataba así a súa carreira: «Al final de los 100 metros, llegué a la calle única de las primeras, pero por miedo a ponerme delante, esperé a que me pasasen, y pasé a penúltima. Creo que fue un error. A los 300 metros de carrera la etíope -Fireweyni Hailu, vencedora en 2.08.26- se marchó sola. A falta de 300 empezamos a subir el ritmo. Me vi con fuerzas, y a 200 cambié, pero una chica lo hizo también, tropecé, y tuve que recuperar. En la recta final adelanté a una, pero ya no me dio para coger a la cuarta», May, que ya entró a 1 segundo de la tercera.
Raquel declarou que «tienes esa espinita de haberte quedado a las puertas de las semifinales, a muy poco de la cuarta. Una pena». Pero coma sempre, queda co positivo: «Ha sido una experiencia más para seguir aprendiendo». E ademais, leva «la carrera que más he disfrutado en mi vida», cunha mestura sensorial e de sensacións que non era quen de imaxinar sequera antes do pistoletazo de saída. «Estos días tenía miedo. Nunca había estado en un estadio así. ¡Es inmenso! Tuve miedo hasta que sonó el pistoletazo. Ahí se te van todos los miedos, y solo piensas en hacerlo lo mejor posible».
As palabras do seleccionador español de categorías inferiores de mediofondo, Roberto Parra serven de balance da actuación deportiva da vilagarciá: «Me dijo que acabé con mucha fuerza, muy bien, que luché hasta el final, y que tengo que estar contenta; que era mi primer Mundial, y que me debía servir para coger experiencia».
«A este nivel me imaginaba a las atletas prepotentes. Pero son muy humildes»
Participar con 17 anos nun Mundial é unha experiencia única para potenciar o crecemento dun atleta. Polo coñecemento directo do funcionamento dunha cita de tal dimensión, e as dinámicas de carreira que se deben manexar para progresar na elite internacional. Pero tamén polas relacións persoais entre os atletas, que axudan a humanizar os rivais, e a mesmo a forxar relacións das que tirar proveito mutuo no futuro.
Meaños comezou a coñecer na distancia curta as súas competidoras, para descubrir o equivocada que estaba: «Las atletas son muy humildes. A este nivel me las imaginaba prepotentes. Pero son muy humildes hablando conmigo».
O mundo da vilagarciá ensanchouse tamén ao ver o tan diferente que pode ser o trato nun campionato. No Mundial «el ambiente es muy bonito, la organización nos trata muy bien; es un trato distinto al de España», comenta.
Seis días para gozar do deporte e do turismo
Raquel e a súa compañeira de selección no 800, María Lasa, sexta da cuarta serie en 2.12.04, permanecerán en Tampere ata o luns. Os plans de Meaños pasan por continuar estes días a súa preparación para o Campionato de España Absoluto da vindeira semana, pero tamén seguir a actuación do resto dos españois no Mundial e facer turismo en Finlandia.