A Semana Galega de Vela reunirá en Vilagarcía a máis dun cento de embarcacións

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Na contorna do C.G.V. disputaránse o Campionato Ibérico de Fin, a Copa Galicia de Optimist, de Láser, de Windsurf, de Vaurien e de 420, e unha regata autonómica de Radio Control Clase 1 Metro

10 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Galego de Vela e as súas inmediacións náuticas serán desde o venres e ata o domingo a capital da vela lixeira autonómica. Cun cento longo de embarcacións previstas pola organización, a Federación Galega de Vela, procedentes de diferentes puntos da Península Ibérica, que competirán polos trofeos de campións nas sete clases reunidas no programa. Os do Campionato Ibérico de Finn. Os da Copa Galicia de Optimist, Láser, Windsurf, Vaurien e 420. E unha regata autonómica de Radio Control Clase 1 Metro, a única das competicións que se desenvolverá nunha soa xornada, o sábado.

Optimist e 420 abrirán a Semana Galega de Vela o venres, ás dúas da tarde, como o resto das clases con seis mangas máis unha medal race fixada o domingo ás catro da tarde na lámina de auga fronte ao Centro Galego de Vela. As clases Láser, Vaurien, Windsurf e Finn concentrarán o seu programa na fin de semana. O sábado e o domingo a xornada arrincará ás dez da mañá.

O presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, salientou onte na presentación da Semana Galega de Vela a cercanía do décimo aniversario, en setembro, da apertura do espazo que acolleu o acto, o C.G.V., e informou da intención do seu departamento de «dar continuidad al trabajo que se está haciendo en el Centro con la organización en él de uno o dos eventos deportivos de alto nivel al año».