As Mareas piden que se declare á Manada persoas non gratas

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A moción debatirase no pleno da corporación municipal

06 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Marea feminista de Vilagarcía e Por unha Marea na Vila levarán ao pleno unha moción para declarar aos membros da Manada persoas non gratas na vila.

Deste xeito, súmanse a iniciativa xa tomada noutros concellos como Santiago de Compostela e Ribadavia, que pretenden reforzar os parámetros educativos e pedagóxicos contra todo tipo de abusos machistas. Con esta proposta, as Mareas queren unirse ao clamor social e amosar a súa indignación por unha sentencia propia dun «sistema xudicial heteropatriarcal».