Vilaxoán acolle o vindeiro sábado a regata Bandeira de Vilagarcía con 17 traíñas
VILAGARCÍA DE AROUSA
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o presidente do club de Remo Vilaxoán, Gelo Tarrío, e o xerente de Conservas Cuca, José Manuel Blanco, presentaron onte a 24 edición da Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía, na súa categoría masculina, e a terceira na categoría feminina. En total serán doce equipos masculinos e cinco femininos os que se darán cita en Vilaxoán o vindeiro sábado.
A competición se desenvolverá en tres quendas de catro embarcacións, a partir das seis e media da tarde. Meira, Mecos, Isabel, Bueu, Ares, Rianxo, Coruxo, Chapela, Castropol, Pobra e Cuca-Vilaxoán remarán na categoría de homes. Riveira, Perillo, Mugardos, Cabo-Pobra e Cuca-Vilaxoán farán o propio na categoría de mulleres.
O mesmo acto serviu para que o club de Vilaxoán e a histórica conserveira asinasen un convenio de patrocinio por dous anos, o que implicará que o equipo compita co nome de Cuca, pero tamén que a entidade poida afianzar a súa estrutura e as súas categorías base.