O C.S. Vilagarcía bota andar entre a elite galega do salvamento

Con só catro anos, o arousán foi o terceiro mellor club no Autonómico de Categorías Menores

.

Era o ano 2014 cando o Club Natación Vilagarcía apostaba por iniciar a un grupo de rapaces de 7 e de 8 anos no mundo do salvamento, cunha estrutura que remataría independizándose no estatutario en forma de nova entidade, para manter unha única operativa funcional baixo a directiva do club matriz. Tan só catro anos despois, o Club Salvamento Vilagarcía vén de deixar de gatear a nivel competitivo, para botar andar entre os mellores equipos do panorama autonómico. Cun terceiro posto na clasificación final de clubs do Campionato Galego de Categorías Menores (alevín, infantil e cadete) disputado o pasado sábado na praia de Laxe. Unha cita á que o colectivo arousán acudíu con 18 deportistas, colleitando ademais do xa sinalado un bo fato de podios individuais e de probas de relevos.

Especialmente orgullosos se amosaban onte no club dos resultados nos relevos, polo que supón de éxito grupal. En categoría cadete, Álex Guillán e Daniel Vicente gañaron na modalidade de rescate con táboa de salvamento, balance que emularon Santiago Carballa, Alejandro Abalo, Álex Guillán e Daniel Vicente na de rescate con tubo. Esta última, a mesma que gañaron no cadro feminino Sabrina Coronel, Andrea González, Aroa Suárez e Ángela López, prata ademais no relevo esprint. Hugo González, Arturo Ande, Pedro Costa e Yago Vicente elevaron a seis os podios en relevos do C.S. Vilagarcía subcampións en esprint e rescate de tubo infantil.

A nivel individual, un nome propio. O de Ángela María López Fernández, que rematou o sábado como mellor deportista cadete feminina do Campionato Galego de Categorías Menores empatada cunha deportista do SAPO, colgándose o ouro en nadar surf e o bronce na proba de táboa de rescate de salvamento.

Outros vilagarciáns protagonistas en Laxe foron os cadetes Daniel Vicente, que se proclamou campión galego en nadar surf, e Aroa Suárez, subcampioa na mesma modalidade, o infantil Yago Vicente, ouro en nadar surf, e a alevín Catalina Harea, terceira en bandeiras.

O domingo foi a quenda do Campionato Galego de Categorías Maiores (xuvenís e júniores). Cinco deportistas do C.S. Vilagarcía participaron na cita, tamén en Laxe. Nolan Duteil foi subcampión en bandeiras e bronce en esprint, e Moisés Señoráns prata en nadar surf e terceiro en ocean. Por relevos, Señoráns e Roberto Carral acadaron o bronce en rescate con táboa, e Duteil, Señoráns, Joel Espada e Roberto Carral conseguiron o mesmo metal en ocean.

O presidente do Club Salvamento Vilagarcía, Fernando Vicente Davila, verbalizaba onte a satisfacción da directiva por uns «resultados históricos» que serven de «muestra de la progresión que ha alcanzado el club en lo deportivo» en tan pouco tempo.

Vicente entende que «aunque los resultados no lo son todo en un club, valoramos los resultados del Gallego de Salvamento como un espaldarazo a la gestión del club. Es todo un éxito auparse al Top 3 del salvamento gallego en las categorías base y detrás tan solo del Salvamento Sada y el Salvamento Carballo, los clubes con más solera, con más base, y que llevan desde los inicios del salvamento deportivo en Galicia siendo referencia».

Detrás, sostén o presidente, atópanse múltiples causas. Desde a pelexa gañada ao Concello por conseguir o uso dunha segunda rúa na piscina de Fontecarmoa, pasando por «el fichaje de varios entrenadores que se ajustaron a nuestro proyecto integral», «haber creado una estación base de salvamento en la playa de O Preguntoiro», «el esfuerzo inversor en la adquisición de material», ou «la apuesta por acudir desde hace dos años a campeonatos nacionales para que nuestra base haya ido adquiriendo experiencia al máximo nivel».

Conseguir máis horas na piscina

Fernando Vicente aproveitou o éxito do Club Salvamento Vilagarcía para salientar outros pasos adiante dados esta tempada tanto polo C.S. como polo Club Natación Vilagarcía do que é presidente coa mesma directiva. A xestión da primeira escola deportiva municipal de salvamento recén inaugurada ou a estrea este ano do primeiro equipo federado máster de natación da entidade están tamén entre os logros. Con todo, «este empeño», subliña o presidente, «no puede cejar». A falta da futura nova piscina, «a corto plazo necesitamos unas horas más de calle en Fontecarmoa», xunto cun patrocinador que o club non dá atopado pese ao seu empeño por facelo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O C.S. Vilagarcía bota andar entre a elite galega do salvamento