Raquel Meaños queima en Huelva o seu último cartucho para o Mundial

Hoxe participa no Meeting Iberoamericano de Atletismo de Huelva


vilagarcía / la voz

Raquel Meaños chegaba onte a Huelva coa súa compañeira do Valencia Esports e madriña deportiva Solange Pereira para participar hoxe no Meeting Iberoamericano de Atletismo de Huelva, unha das grandes citas do calendario español pensadas para facilitarlles aos atletas de elite a consecución de marcas axeitadas aos seus obxectivos. No caso da vilagarciá, o 2.07.05 que desde xullo do ano pasado segue a ser a súa marca persoal, e que a lo menos debe igualar para conseguir a mínima que lle abra as portas da proba de 800 metros do Mundial Sub-20 de xullo en Finlandia.

Son vinte as inscritas na proba do 800, polo que serán divididas en dúas finais. Coa decimoquinta marca, prevése que Raquel corra xunto con rivais que van do 2.05 ao 2.14, o que a debería de beneficiar na, sobre o papel, a súa última oportunidade para facer a mínima.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Raquel Meaños queima en Huelva o seu último cartucho para o Mundial