Manchester City, Real Madrid, Valencia e Dépor, no AF7

Cos catro últimos nomes desvelados, xa son once os equipos identificados no cartel da fase final do torneo internacional alevín de Vilagarcía


vilagarcía / la voz

A organización do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 vén de desvelar o nome doutros catro equipos do cartel da súa fase final, que se disputará no campo municipal Manuel Jiménez de Vilagarcía os días 15, 16 e 17 do vindeiro mes. Cun Manchester City que encadea a súa segunda participación acompañado no anuncio por tres clásicos do AF7, o Real Madrid, o Valencia e mais o Deportivo da Coruña.

Do conxunto inglés no Arousa Fútbol 7 agardan un paso adiante respecto ao 2017, aprendendo deses partidos nos que o seu dominio do balón foi castigado en momentos puntuais para afastar o Manchester City dos mellores no palmarés final.

Subcampión o ano pasado, o Real Madrid pelexará por poñer fin a 12 anos de seca, e sumar o que sería o seu quinto título para ampliar a súa condición de equipo máis laureado do AF7.

O Valencia aspirará a erguer a súa segunda copa no torneo, mentres que o Deportivo volve ter como materia obrigatoria elevar as súas pobres prestacións dos últimos anos en Vilagarcía.

Cos apuntados, xa se coñecen 11 dos 20 equipos da fase final, tras o recente anuncio do Atlético de Madrid e do Kashiwa Reysol xaponés, e os cinco conxuntos saídos da fase previa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Manchester City, Real Madrid, Valencia e Dépor, no AF7