Isidoro Canabal, disposto a seguir outros catro anos á fronte do BBC

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Os socios do club vilagarcián están chamados a unha asemblea o día 31

25 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os socios do Básket Base Club están convocados á asemblea xeral ordinaria da entidade, o xoves 31 de maio a partir das 20.30 horas en segunda convocatoria na sede do Liceo Casino. Na orde do día, o informe do presidente, Isidoro Canabal, información económica do club e, tras os correspondentes rogos e preguntas, procederáse a unha segunda asemblea, extraordinaria, para a elección de presidente á conclusión dos catro anos do primeiro mandato de Canabal.

Coa posibilidade de presentar candidaturas ata o momento do inicio da asemblea, o actual presidente anunciou a súa intención de continuar outros catro anos máis.