Queremos Galego pide ós arousáns que se manifesten pola lingua

m. s. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A plataforma do Salnés recorda que porán autobuses a Santiago o Día das Letras Galegas para defender o seu uso

13 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«En galego día a día». Este é o lema co que a plataforma Queremos Galego convida aos veciños do Salnés a desprazarse ata Santiago o próximo xoves día 17 (Día das Letras Galegas) para participar na manifestación que terá lugar ás 12.00 horas na Alameda de Santiago. O lema co que fan a convocatoria di moito do que defenden: o uso do galego nas actividades do día a día. «Defendemos o seu uso con normalidade, en tódolos ámbitos da vida cotiá», sinalou onte en Vilagarcía a Deputada do BNG no Parlamento Galego Montse Prado. Falou de normalidade no ensino, na xustiza ou nos medios de comunicación.

Día a día na administración pública, onde sinalou que «se vulnera o dereito a sernos atendidos en galego e aumentan as trabas para empregar o galego con normalidade e a Administración do Estado mantén espazos forzosos de exclusión». Tal e como sinalou onte a deputada, o galego que fálase neste ámbito e grazas a labor voluntariosa dos funcionarios que defenden a lingua.

«É tremendo que botemos de menos ás políticas de Manuel Fraga na defensa do galego». E que para Prado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non deixa de atacar ao galego coas súas decisións políticas. Por elo anima aos veciños da comarca a manifestarse para «demostrar o goberno galego que non se debe ir en contra o idioma». Sacou a relucir o informe da Real Academia Galega que «demostra que a Educación en galego retrocedeu ata o nivel dos anos noventa». Piden a Feijóo políticas activas para que non sexa a única lingua de España que perde falantes.

Pola súa parte, o concelleiro do BNG do Vilagarcía Xabier Ríos recordou que haberá autobuses e que será un día máis reivindicativo que festivo.