O Cambados TM queda fóra da fase, e o Vilagarcía di adeus con derrota

O triunfo do A.D. Collado Mediano onte sobre o C.D. Tenis de Mesa Rivas fai intranscendente o partido desta mañá do equipo cambadés en Oroso


vilagarcía / la voz

Negra xornada a de onte para o tenis de mesa arousán, que converte en intrascendente o que esta mañá, a partir das dez e media, faga o Cambados T.M. no local de xogo do Oroso T.M. E é que ao gañar onte o A.D. Collado Mediano o seu derradeiro partido de Liga da División de Honra na casa do C.D. Tenis de Mesa Rivas, 2-4, o equipo arousán non ten opcións de arrebatarlle ao Collado Mediano a terceira e última praza con dereito a disputar a vindeira fase de ascenso á Superdivisión, polo average a prol do conxunto madrileño. 

Pola súa banda, o Vilagarcía Cocinas Bulthaup pechou a súa sobresaínte tempada de debú na Superdivisión cunha derrota por 4-2 no local de xogo do C.E.R. L’Escala. Con este resultado remata sétimo con 18 puntos de 44 posibles.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O Cambados TM queda fóra da fase, e o Vilagarcía di adeus con derrota