Lectoriño, unha axencia de viaxes no tempo


E xa está aquí o Lectoriño, a mostra de literatura infantil e xuvenil de Vilagarcía. Organizado polo Concello de Vilagarcía, este encontro entre os libros e os cativos desenvólvese baixo o título «A Máquina do tempo; viaxe ás nosas orixes». Así que xa saben o que toca: dar un salto cara o pasado e descubrir, canda os máis cativos, algúns dos segredos que nel se agochan. Para iso, Lectoriño ofrécenos unha chea de chaves do tempo. Como a exposición dos Bolechas no Castro Alobre que, a bo seguro, moitos dos rapaces xa coñecen.

Pero centrémonos no programa de hoxe. Lectoriño abrirá ás súas portas ás 11.30 horas, coa apertura da exposición de literatura infantil e xuvenil na sala de exposicións do auditorio. Oito editoriais exhibirán as súas novidades literarias para nenos e mozos, libros que os asistentes poderán ver e mesmo pararse a ler no espazo habilitado para elo. Xerais, Kalandraka, OQO-Editora, Edicións do Castro Editorial Ir Indo, Galaxia, Patasdepeixe, Bolanda Ediciones e Marketing son as empresas que se teñen embarcado nesta aventura. As doce do mediodía comezará o contacontos «Debulando Lendas», co que a compañía Títeres Tarabelos amosará aos cativos a riqueza da cultura galega, prolífica en lendas e boas historias. Xa pola tarde, a mostra volverá a abrir as súas portas ás 17.30 horas e, media hora despois proxectarase a película de animación «Os Croods».

O domingo tamén será un día intenso. Desta volta, o protagonismo vai recaer nos obradoiros organizados por persoal do CSIC especializado en facer cousas fabulosas para espertar a curiosidade dos cativos. A primeira, que arrincará ás doce, leva por título «O meu labirinto» e nel os participantes poderán descubrir a importancia e simboloxía da arte rupestre. Ás 17:30 horas, chegará o contacontos «Unha porta á Prehistoria» a través do mundo da cerámica.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lectoriño, unha axencia de viaxes no tempo