Empate do Vilagarcía T.M. co Irún Leka Enea

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O cadro vilagarcián colle pulo para seguir pelexando esta mañá en San Sebastián de los Reyes por unha praza en competición continental

15 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Notable resultado o colleitado na tarde de onte polo Vilagarcía Cocinas Bulthaup antes de partir cara a Madrid, onde esta mañá o cadro arousán se mide ao San Sebastián de los Reyes en partido aprazado. Os de Antonio Castro empataron a 3 co potente Irún Leka Enea, cuarto clasificado na Superdivisión, que tal e como se prevía, presentou un potente plantel no pavillón da rúa Castelao.

Andrés Guillermo Correa non tivo opción ningunha ante Endika Díez, co que caeu en tres xogos. Sergei Nigeruk rozou o primeiro punto local, para rematar perdendo 2-3 ante Jaime Vidal con 10-12 no quinto xogo. O checo Michal Obeslo abríu o marcador vilagarcián cun 3-1 sobre o serbio Dorde Borcic, fixando o 2-2 Nigeruk a costa de Díez, de novo en partido a cinco xogos. Correa caeu 0-3 con Borcic nun choque igualado, e Obeslo superou 3-0 a Vidal.