Marcos Coll e Stefano Ronchi, en Vilagarcía

m. s.

VILAGARCÍA DE AROUSA

cedida

Regresan a Galicia para presentar seu disco «Street Preachin» e ofrecer un concerto que apunta a converterse en inesquecible

17 abr 2018 . Actualizado a las 07:35 h.

Sábado 21 • 21.00 horas • Salón García • Vilagarcía • Stefano Ronchi e Marcos Coll regresan a Galicia para presentar ó seu disco «Street Preachin», o último na longa lista de Marcos Coll, padrino del Vilablues. En directo son puro country blues. Un estilo antigo e conmovedor no que se acercan á mellor das tradicións bluseiras, misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevéndose co hip hop. Todo un luxo nun formato reducido onde Stefano e Marcos móstranse virtuosos e cautivan o público dende o comezo do concerto nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio espectáculo.

A combinación de estes dous artistas é máxica. Stefano Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano. O seu repertorio musical centrase na música folklórica negra dos anos vinte e trinta, dende o delta blues ata piedmont blues. Actuou en escenarios de todo o mundo e compartiu escenario con bluesman contemporáneos coma Lurrie Bell e James Wheeler. Nesta ocasión estará acompañado polo padriño do Vilablues, Marcos Coll. Coñecéronse en Berlín, nas lexendarias Monday Jelly Roll Session de White Trash.

Os inicios de Marcos Coll, pola súa parte, están vinculados a Tonky Blues Band ó abandonar Galicia para buscar fortuna en Madrid: as xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones ), Buddy Miles (Batería de Jimi Hendrix ou Santana), o concerto con Tom Jones nunha sala madrileña, a formación dos Reyes del K.O. xunto con Adrián Costa, e onde comparten escenario con lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds.

No seu traslado a Berlín, dende onde non deixa de xirar por todo o mundo, converteuse en referente de HOHNER, a marca de armónicas máis importantes do mundo.

Marcos Coll é, en resumo, un dos mellores armonicistas do mundo. Madrileño de nacemento, pero galego de adopción, volve a Vilagarcía para conquistar o público cun concerto que seguro que conquistará aos asistentes. O fará, ademais, coa mellor compañía posible: Un dúo que encaixa a perfección.