Jéssica Bouzas inicia a semana cunha subida de 62 postos no ránking e triunfos en Vinarós

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A tenista vilagarciá arrincou a semana con forza

14 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A tenista vilagarciá Jéssica Bouzas arrincou a semana con forza. Subindo 62 postos no ránking mundial do ITF Tennis Junior grazas aos 20 puntos que sumaba a semana anterior no Raquette D’Or, torneo marroquí de Grao 3, e estreándose no ITF Junior GRIP2 Tennis Academy de Vinarós, Castellón, superando onte a primeira rolda do cadro individual dunha cita que eleva a dificultade para Bouzas, ao tratarse dun Grao 2.

A alumna da Academia Tenis Ferrer, hoxe no posto 347 do ránking internacional con 143,75 puntos, impúxose onte á rusa Anastasia Mironova en dous sets, 7-6(4) e 6-1. Na segunda rolda hoxe a Jéssica tócalle medirse con nada menos que coa cabeza de serie número 2 do ITF Junior GRIP2 Tennis Academy, a bielorrusa Viktoriya Kanapatskaya.

No cadro de dobres, a vilagarciá impúxose con Carlota Martínez en primeira rolda 6-7(5) e 4-6 á búlgara Dimitrova e á checa Panackova.