Vilagarcía celebra cun feixe de actos o Día de Rosalía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Unha lectura de poemas abrirá o programa no Salón García, cunha charla-coloquio pola tarde no Gato Negro

24 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro, que se vai traducir en Vilagarcía nunha manchea de eventos que teñen como protagonista á autora máis destacada das nosas letras. A primeira das citas terá lugar pola mañá, as 11.30 horas, ás portas do Salón García, onde haberá unha lectura de poemas. Pola tarde, ás 17.30 horas, no local do Gato Negro (Carril), celebrarase unha charla-coloquio coa escritora Helena Vilar Janeiro sobre a autora de Padrón. Ás 18:30 horas, diante do busto de Rosalía en Carril, terá lugar o acto co que o BNG rende homenaxe todos os anos a escritora. Desta volta, o evento contará coas intervencións de Xosé Leirós, membro do consello local do BNG, Xabier Ríos, portavoz municipal desta formación, e Helena Villar Janeiro, escritora. Ademais haberá intervencións musicais a cargo de Álvaro Cardalda, Manuel Dopico e Lucía César Veloso e lectura de poemas.