Baño de público no auditorio para o festival de Nydia que esperta conciencias

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

«Corre, ¿podremos salvarnos?» subíu a 120 artistas ao escenario en Vilagarcía

25 feb 2018 . Actualizado a las 20:58 h.

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolleu esta fin de semana o espectáculo «Corre. ¿Podremos salvarnos?» o musical creado por Nydia para o festival en beneficio do centro princesa Letizia de atención a persoas con parálise cerebral. Máis de 120 persoas tomaron parte no espectáculo no que tamén participa un grupo de usuarios do centro que protagonizan a escena introdutoria. Unha historia con mensaxe para todos os públicos, divertida e na que soou a música máis de moda con letras adaptadas á temática. O centro Nydia leva dende setembro preparando o musical con seus alumno e profesores. A trama colle a forma tan de moda da distopía e amosa unha sociedade dun futuro máis ben próximo no que só existen dúas clases sociais moi diferenciadas. Dúas persoas desa sociedade danse conta de que a cousa non pode seguir así e comezan unha rebelión para cambiar o mundo cara algo mellor. A música fixo boa parte dun traballo que contou coa resposta e o agradecemento do público.