Jéssica Bouzas salienta a vivencia da fase final da Winter Cup

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A vilagarciá rematou sétima con España en Kazán, Rusia

22 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Jéssica Bouzas regresaba á Academia Tenis Ferrer en Jávea, Alacante, o pasado luns tras ter participado na súa primeira fase final dunha Winter Cup, o Campionato de Europa en pista cuberta de seleccións nacionais de categorías base, no seu caso a cadete. En Kazán, Rusia, onde a vilagarciá finalizou co combinado hispano no sétimo posto.

Eliminada España nos cuartos de final pola anfitrioa, gran favorita e campioa, Rusia, cun 3-0 inapelable e Bouzas caendo no choque de dobres 6-2/6-0 xunto con Leyre Romero fronte a Elina Avanesyan e Alina Charaeva; a galega perdía o sábado 6-0/4-6/1-6 con Mina Hodzic no primeiro encontro con Alemania, que esta gañou 2-1 tras renunciar a xogar o dobres. O domingo, no cruce polo sétimo posto, a vilagarciá cedeu o segundo punto con Austria 0-6/6-2/2-6 con Daniela Glanzer, coa que se resarcíu no duelo de dobres gañando con Romero a Gross e Glanzer 6-3/4-6/10-7.

«Fue una buena experiencia, de mucho nivel. Jugué con las mejores de mi edad», declaraba onte Bouzas desde Jávea. Este fin de semana xogará a fase final do Campionato Catalán de Clubs co C.T. Barcelona.